Piloto

 JesusFerreiroXesús Manuel Ferreiro Pérez (Melide,1968), comeza a súa andaina no mundo da competición no ano 1989. Acada o seu primeiro título en  1994, cando se proclama Campión Galego de Clásicos de Velocidade, pilotando un Seat 124. Revalidaría vitoria nos anos 2000 e 2002, ós mandos dun Ford Escort.

En 2007, e de novo co Ford Escort MKII, gaña o seu primeiro título nacional, converténdose en Campeón de España de Históricos de Velocidad. Nesta mesma disciplina remata a tempada 2008 como subcampión.

Inicia a sua traxectoria internacional no ano 2009, participando no Rally Sanremo Storico, proba puntuable para o Campeonato de Europa FIA Histórico, que remata en oitava posición, sendo o Ford Escort MK1 que pilota, o primeiro vehículo non Porsche da clasificación.

Durante a tempada 2010, participa no Rally de Portugal Revival, proba que se enmarca no eido do Mundial de Rallyes, celebrándose de xeito paralelo, e na que se clasifica en segundo lugar por detrás do tetracampión mundial Juha Kankkunen.

A finais de ese mesmo ano, e tamén en terras portuguesas, toma a saída no Rali de Vila Real, do que se proclama gañador absoluto.

No ano 2012, co Porsche Carrera RS, asina una gran tempada, coa participación no Rally de España, proba que forma parte do Campeonato de Europa, e no que remata segundo, compartindo podio con Carlos Sainz, vencedor do rali.

En setembro do mesmo ano, gaña o seu segundo título nacional, ó proclamarse Campeón de España de Rally Históricos, despois de vencer no Rali de Galicia, celebrado en Melide, e a falta dunha proba para o remate do Campeonato.

A tempada 2013 comeza cunha nova participación no Rally de España, logrando un segundo posto por detrás de Carlos Sainz, reeditando de este xeito o podio do ano anterior.

En Marzo toma parte do Solo Escort de Cornellana (Asturias), no que se fai ca vitoria, revalidando o título conseguido no ano 2010 e igualando no palmarés a Lolo García, piloto local e gran coñecedor da proba.

Ó marxe da súa actividade como piloto, Xesús Ferreiro desenrola labores organizativas en tódalas edicións do Rali de Galicia Histórico, e participa como invitado en varias mesas redondas e conferencias, a última delas, no Foro Tecnolóxico da Universidade de Vigo.